Gyali

Greece / Dodekanisos / Kardamaina /
 illa, volcán

Gyali (Grego moderno: Γυαλί "cristal", tamén chamada Yiali ou Yali, pronunciado ʝaˈli) é unha illa grega volcánica do arquipélago do Dodecaneso localizada a medio camiño entre a costa meridional de Cos e Nísiros. Componse de outeiros de lava de obsidiana riolítica e de depósitos de pedra pómez. A illa ten dous segmentos distintos, coa parte nordés case na súa totalidade de obsidiana e a parte suroeste de pedra pómez. Estes segmentos están conectados por un estreito istmo e a praia está formada por sedimentos de moderno arrecife. A illa ten 6 km de longo e entre 500 m e 4 km de ancho. Ten unha cova de 180 m de profundidade. Está desprovista de vexetación. O censo de 2001 achegou unha poboación de 10 habitantes. Administrativamente, forma parte do municipio de Nisiros.
Nearby cities:
Coordenadas:   36°39'38"N   27°7'27"E

Comments

  • https://www.youtube.com/watch?v=Q6fDFFVgb5Q
  •  340 km
Array