Farmakonísi

Greece / Dodekanisos / Ayia Marina /

Pharmakonisi ou Farmakonisi (grego: Φαρμακονήσι), é unha pequena illa grega da prefectura do Dodecaneso. Tamén se coñeceu como Pharmacos, Farmaco, ou Pharmakousa. Atópase entre a cadea das illas do Dodecaneso, no oeste e a costa de Asia Menor (Turquía) no leste. Ao norte da mesma está a illa de Agathonisi, ao oeste as illas de Lipsi, Patmos e Leros, e ao sur as illas de Kalymnos e Psérimos. Forma parte da municipalidade de Leros, e tiña unha poboación no censo de 2001 de 74 habitantes.
Pharmakonisi ten 5´2 km². É coñecida pola súa rica flora.
Plutarco no seu Vidas Paralelas di que o mozo Xulio César, mentres viaxaba a Asia Menor, foi secuestrado por piratas e estivo preso alí 38 días. Durante o seu encarceramento, lles prometeu que cando fora posto en liberdade, os mataría a todos eles. Logo de pagar un rescate dúas veces maior do que os seus secuestradores reclamaban (dixo que a cantidade requirida era demasiado baixa para alguén como el) e de ser liberado, organizou unha frota e mantivo a súa promesa, crucificando a todos eles.
Nearby cities:
Coordenadas:   37°17'27"N   27°5'28"E
  •  311 km
Array