Lévitha
Greece /
Dodekanisos /
Skala /
World
/ Greece
/ Dodekanisos
/ Skala
, 32 km desde o centro (Σκάλα)
/ Turquía - Türkiye / Mugla
illa
Add category
Lévitha (Grego: Λέβιθα) ou Lebynthos é unha pequena illa situada ao leste do Mar Exeo, entre Cos e Paros, forma parte das illas do Dodecaneso. A poboación da illa en (2009) era de tres persoas, unha familia cun neno que tratan de levar unha forma de vida ecolóxica combinando o cultivo das terras co uso de enerxías renovables. A superficie total da illa é 9,2 km² e a súa lonxitude total de liña de costa é de 34 km. Na antigüidade a illa tiña o nome de Levinthos (Λέβινθος). A illa é mencionada en dúas das obras de Ovidio, Ars Amatoria e Metamorfoses, en relación coa saga de Dédalo e Ícaro. Mentres escapan de Creta, Dédalo e Ícaro voaron sobre Lebynthos. Tamén é nomeada na Xeografía de Estrabón.
Identificáronse restos de antigos edificios que ao parecer estaban relacionados co desenvolvemento dun pequeno pobo de pescadores. Durante o período romano Levitha debido a súa localización remota foi usada como un lugar de exilio.

Artigo da Wikipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Lévitha
Nearby cities:
Coordenadas: 37°0'28"N 26°27'30"E
Array