Hotel AC Palacio Universal **** (Vigo)

Spain / Pontevedra / Vigo / Cánovas del Castillo, 28

O edificio foi feito en dúas fases. Na primeira construíuse a parte do ángulo das rúas Carral e Montero Ríos e, na segunda, en 1904, completouse o edificio coa construción da fronte de Montero Ríos. Nas dúas fases empregouse o mesmo esquema construtivo co que se mantivo a unidade en todo o edificio. O espazo fronte á fachada de Montero Ríos foi declarado praza pública en 1889, e albergou durante moitos anos unha terraza moi concorrida.

As fachadas presentan unha sucesión rítmica de vans con alternancia de balcóns individuais e corridos que remarcan a horizontalidade.

A fronte de Montero Ríos é de cantería, mentres que nas outras fachadas se combina a cantería coa cachotería co que se consegue un menor peso do edificio.

O edificio consérvase igual ca no proxecto inicial e albergou o Hotel Universal, un dos máis coñecidos da cidade durante moitos anos. Este hotel foi adquirido pola cadea AC, que levou a cabo unha remodelación interior no 2006 para a apertura do actual Hotel AC Palacio Universal. Actualmente, ten 69 habitacións distribuídas en 5 plantas.
Nearby cities:
Coordenadas:   42°14'24"N   8°43'28"W
  •  15 km
  •  76 km
  •  77 km
  •  117 km
  •  125 km
  •  129 km
  •  130 km
  •  147 km
  •  184 km
  •  192 km
This article was last modified 15 years ago