Teis | barrio (54)

Spain / Pontevedra / Vigo /
 barrio (54)  Add category

Teis é un dos máis grandes e mestizos barrios de Vigo tanto en extensión como en poboación. O nome provén dos tempos dos romanos (Theis). Teis exténdese desde o comenzo da rúa Sanxurxo Badía polo sur, e o final da Travesía de Vigo polo Norte e acada até o límite co veciño barrio de Chapela pertencente ao Concello de Redondela. O seu centro neurálxico está no Mercado de Abastos e a principal vía de Teis é a rúa Sanxurxo Badía, que atravesa o barrio de lado a lado, e que comunica tanto con Vigo como con Chapela. A súa poboación ronda os 30000 habitantes. No seu territorio atópase o monte da Guía, onde se pode visitar la capela de Nosa Señora das Neves e que ofrece unha das mellores vistas da cidade de Vigo. Teis foi sempre un barrio de marcado carácter obreiro debido ao establecimento nel de diversos estaleiros, destacando entre eles "Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Cía", que se atopa na rúa que recorda ao seu fundador D. Enrique Lorenzo Docampo. Dentro deste barrio aséntase gran parte do porto comercial de Vigo. O barrio de Teis foi escenario de conflictos laborais a principios dos años oitenta relacionados co sector naval así como de protestas xurdidas a finais daquela década contra a instalación dunha planta empacadora de lixo. Entre os seus maiores atractivos destacan o parque da Riouxa e as praias da Lagoa e da Punta. As súas festas principais teñen lugar a primeira semana de Agosto: Nosa Señora das Neves (5 de agosto) e San Salvador de Teis (6 de agosto). O barrio conta con varios centros de ensino tanto públicos como privados, piscina pública, centro de saúde ou pavillón polideportivo entre outros servizos. Teis foi cuna de varias agrupacións musicais de certa relevancia tanto a nível local, nacional e estatal como Os Vacalouras, A´Roda o Kannon.
Nearby cities:
Coordenadas:   42°15'3"N   8°41'45"W
  •  17 km
  •  74 km
  •  78 km
  •  119 km
  •  123 km
  •  127 km
  •  128 km
  •  145 km
  •  181 km
  •  190 km
This article was last modified 15 years ago