Kinaros

Greece / Dodekanisos / Astipalaia /

Kinaros ou Cinarus (Kinaros: Zinari) (grego: Κίναρος), é unha pequenailla grega no Mar Exeo, o nome ven da alcachofa (kinara) que se producen en Kinaros. Atópase ao oeste de Kalymnos e Leros e ao leste de Amorgos, 5'5 millas náuticas ao oeste-suroeste de Lévitha, é a segunda illa máis occidental do Dodecaneso logo de Astypalea. Ten unha superficie de 4'5 km. o punto máis alto da illa ten 296 m. A poboación da illa segundo o censo de 2011 é de 2 habitantes. Kinaros pertence a un grupo de seis pequenas illas e algúns illotes, que se atopan entre Leros e Kálimnos no leste e a illa cicládica de Amorgos no oeste. Ao sur atópase Astipalea. Ademais de Kinaros que ten unha superficie de 4´577 km², este grupo de illas componse de Plaka no oeste, Glaros, as dúas illas Mavra e Lebynthos no leste. Kinaros é accesible a través das illas de Amorgós ou Kálimnos mediante lanchas rápidas. Nos meses de verán ofrécense excursións a Amorgós desde Leros e Egiali.
No lado sur da illa hai algunhas baías profundas, similares a fiordes, que ofrecen uns ancoraxes naturais para a protección dos ventos do norte. O lado occidental ten costas escarpadas inaccesibles. As plantas típicas son a maquia e a garriga que dominan a paisaxe. Debido á localización xeográfica de Kinaros, na antigüidade era un ancoraxe importante para os buques que viaxaban entre as illas Cícladas e o Dodecaneso. Suponse que había un pequeno asentamento na illa. Restos de construcións poden ser detectados arqueolóxicamente.
Nearby cities:
Coordenadas:   36°58'49"N   26°17'23"E
  •  258 km
Array