Santander

Spain / Cantabria / Santander /
 cidade, capital do estado / provincia / rexión, municipio, Debuxar só o borde do polígono

Santander é un municipio e cidade portuaria, capital da comunidade autónoma de Cantabria, situada na costa norte de España, entre Asturias e o País Vasco. Limita cos municipios de Santa Cruz de Bezá e Camargo, ademais de pechar polo norte a baía.

poboación empadroada no municipio en 2004 era de 183.800 habitantes, polo que case un terzo dos cántabros viven en Santander. A súa tendencia demográfica está practicamente estancada desde 1981, xa que a caída da natalidade e o leve incremento da mortalidade polo elevado número de poboación adulta (en 1996 a idade media era de 40 anos) é compensado por saldos migratorios positivos, fundamentalmente desde comezos dos anos 90. Así mesmo, a escaseza de vivendas na capital e os seus altos prezos trouxo tamén un desprazamento da poboación en idade fértil cara os municipios da periferia, en especial ao denominado "Arco da Baía de Santander" e ao eixo conurbano Santander - Torrelavega.

Máis do 70% da poboación activa traballa no sector terciario, polo que a dependencia económica do comercio e os servizos é moi alta en Santander.

É unha das cidades máis seguras de España cunha taxa de delicuencia no ano 2004 de 37 delitos por cada 1.000 habitantes (17 puntos menos respecto á media española).

Localidades:
Cueto
Monte
Nueva Montaña
Peñacastillo
San Román de la Llanilla
Santander (Capital)
Nearby cities:
Coordenadas:   43°27'52"N   3°49'41"W
  •  216 km
  •  294 km
  •  307 km
  •  326 km
  •  358 km
  •  396 km
  •  414 km
  •  415 km
  •  419 km
  •  426 km