Macapá

Brazil / Amapa / Macapa /
 cidade, capital do estado / provincia / rexión, municipio, Debuxar só o borde do polígono

Macapá é a capital do Estado brasileiro do Amapá. É a única capital de estado brasileira que non posui ligazón por estrada co outras capitais de estados. Está a 345 km de Belém do Pará recorridos en 40 minutos de avión ou 24 horas de barco. Sitúase á marxe do brazo máis curto do río Amazonas en seu acceso ao mar.

O primeiro nome da rexión, en 1544, foi Adelantado de Nueva Andaluzia, dado polos españóis. Pero a cidade orixinouse somente despois da construción do Forte Sao José no século XVIII, para defender o acceso ao río Amazonas cando aquela rexión xa pertencia a Portugal. Algunhas construcións daquele século aún permanecen na cidade.

O sur da cidade é atravesado pola Liña do Ecuador. As principais actividades económicas da cidade son o comercio e os servizos. A industria creceu un pouco coa creación da Área de Livre Comércio de Macapá. O turismo ten grande potencial pola proximidade da Amazónia e ten unha boa infraeestrutura, pero a distancia das grandes cidades brasileiras dificulta un crecemento moi acentuado desa actividade.
Nearby cities:
Coordenadas:   0°11'46"N   50°56'20"W
  •  1049 km
  •  1146 km
  •  1731 km
  •  1738 km
  •  1891 km
  •  2626 km
  •  2685 km
Array