Wikimapia is a multilingual open-content collaborative map, where anyone can create place tags and share their knowledge.

Santurce (San Xoán) | barrio (54)

Puerto Rico / San Juan / San Xoán
 barrio (54), invisible (en)

Santurce é un barrio do municipio de San Xoán, en Porto Rico. Segundo o censo do ano 2010, posuía unha poboación de 81.251 habitantes conservándose como o barrio máis poboado de todo Porto Rico, aínda e despois de perder máis da metade da poboación dende que alcanzou o seu máximo histórico no censo de 1950. Posúe ademais unha superficie terrestre de 13,57 km² (5,25 millas²) e unha densidade de 5.987,5 hab. /km² (15.507,7 hab./milla²). Dita densidade fai de Santurce unha das zonas máis densamente poboadas de toda a illa.

O nome do barrio xorde en 1880 en honor a Don Pablo Ubarri y Capetillo, I Conde de San José de Santurce, quen era orixinario da localidade biscaíña de Santurtzi, no País Vasco. Previamente e dende que o territorio for anexado á capital en 1862, o barrio era coñecido como Cangrejos. O devandito barrio foi a sede do centro urbano do disolto municipio de San Mateo de Cangrejos.
Nearby cities:
Coordenadas:   18°26'41"N   66°4'13"W
  •  6.5 km
  •  120 km
  •  907 km
  •  931 km
  •  1005 km
  •  1616 km
  •  1820 km
  •  2579 km
Array
This article was last modified 8 years ago