Concello de Boimorto

Spain / A Coruca / Boimorto / A Pedra
 municipio, Debuxar só o borde do polígono, casa do concello
 Upload a photo

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés
Xeografía
Localización

O término municipal de Boimorto, que abarca unha superficie de 82,34 km², está situado no sueste da provincia de A Coruña. Limita ao norte con Vilasantar, ao sur con Arzúa e Melide, ao leste con Sobrado dos Monxes e ao oeste con Frades e Mesía. O seu territorio está representado nas follas MTN50 (escala 1:50 000) 0071 e 0096 do Mapa Topográfico Nacional.[6]
Zonas lindeiras de Boimorto Mesía Vilasantar Sobrado
Frades Sobrado
Boimorto
Arzúa Arzúa Melide

Está situado nunha zona de altitude media, cun relevo ondulado, sen chegar a constituír verdadeiras serras nin picos moi altos. O cumio de maior altitude é o coto das Amieiras (773 m), nos montes do Bocelo. Pola outra banda, no val do río Tambre, facendo fronteira con Frades, apenas se superan os 300 m.

Esta zona é propicia para a agricultura e a gandería, a base da economía local. Os terreos de Boimorto son moi produtivos, máis do 67 % dos terreos son propicios para os cultivos e a cría de animais, especialmente na parte oeste e central do concello, cara á conca do río Tambre. Outros ríos de menor importancia da parte sur pertencen á conca do río Ulla.

Segundo o INE o municipio está formado por 108 entidades de poboación distribuídas en 13 parroquias.
Clima

O concello de Boimorto atópase dentro do dominio oceánico húmido, aínda que nos seus réximes térmicos presenta trazos típicos do interior. A influencia do mar vese alterada polo relevo, particularmente pola superficie de aplanamento na que se circunscribe o municipio, tirando polo alto dos 400 m de altitude. As temperaturas posúen leves matices continentais, sobre todo nos valores invernais (6,7 ºC en xaneiro), sendo as medias estivais relativamente baixas (xullo 18,1 ºC).[7]

A temperatura media anual (12 ºC) descende uns dous graos respecto á da costa, e a oscilación térmica sitúase en 11 ºC. O risco de xeadas nocturnas é moi frecuente ata ben entrada a primavera.[7]

As precipitacións son elevadas grazas á favorable exposición tanto ao vento do noroeste e norte como aos fluxos do sueste e oeste. O ritmo anual das choivas é sinxelo, cun máximo en inverno (36 % das precipitacións) e un verán seco (11 %), as estacións intermedias presentan unha pluviosidade similar (24% en primavera e 23 % en outono). É moi frecuente o ceo cuberto e as xornadas con precipitacións.[7]
Organización territorial
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boimorto

Andavao (San Martiño) | Os Ánxeles (Santa María) | Arceo (San Vicenzo) | Boimil (San Miguel) | Boimorto (Santiago) | Brates (San Pedro) | Buazo (Santa María) | Cardeiro (San Pedro) | Corneda (San Pedro) | Dormeá (San Cristovo) | Mercurín (San Xoán) | Rodieiros (San Simón) | Sendelle (Santa María)
Demografía

O concello de Boimorto conta cunha poboación de 2022 habitantes.[8]​ A poboación sufriu un descenso progresivo nas últimas décadas, incrementándose o envellecemento da poboación do municipio.[8][9]


Historia

Da época castrexa consérvanse dous castros do século I, o castro de Dormeá e o castro das Corredoiras. Coa romanización, construíuse pola zona unha vía secundaria da Vía XIX que unía Braga con Astorga. En 1989 atopouse no lugar de Vilanova un miliario do século III. O monólito inclúe unha inscrición, traducida por Isidoro Millán González-Pardo e Luís Monteagudo do seguinte xeito:

O Emperador Cesar Gaio Xulio Vero Máximo (tiña que dicir Maximino) Pío, Feliz, Augusto, Xermánico, Dácico Máximo, Sarmático, Pontífice Máximo, con potestade tribunicia, Emperador por 7ª vez, Pai da Patria, Cónsul, Procónsul, e a Gaio Xulio Vero Máximo, Nobilísimo César, Dácico Máximo, Príncipe da Xuventude, Fillo do noso Señor Gaio Xulio Maximino, Pío, Feliz, Augusto.

Durante a Idade Media Boimorto pertencía á xurisdición do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Documentos do ano 569 citan a parroquia de Dormeá no transcurso dunha adxudicación á diocese de Iria. Posteriormente, Dona Urraca doou a parroquia ao cabido compostelán.

A vía romana converteuse nunha das variantes da vía do Norte do camiño de Santiago, pasando polas parroquias dos Ánxeles, Boimil, Boimorto, Sendelle, Brates e Mercurín.

Durante o Antigo Réxime as parroquias de Boimorto pertencían á provincia de Santiago, ás xurisdicións de Arzúa e Mesía baixo o señorío do arcebispado de Santiago. Tralas disposicións da Constitución de Cádiz as terras de Boimorto pasaron a pertencer ós concellos de Arzúa e Mesía, á súa vez pertencentes a provincia de Santiago. Trala instauración definitiva da administración municipal en 1835 estableceuse o actual concello de Boimorto, nos terreos e parroquias actuais, adscrito ao partido xudicial de Arzúa e á nova provincia da Coruña.
Cultura
Toponimia

O topónimo Boimorto non é transparente, e non se refire ao mamífero bóvido.

Este topónimo podería ter a súa orixe na palabra bado, que nomearía un paso non usado hoxe en día. Outra posibilidade é a de que Boi faga referencia a penas, xa que aparece en varios topónimos con ese sentido, e morto teña un significado semellante e indique un lugar con abundantes pedras.[10]

Segundo Fernando Cabeza Quiles, posiblemente proceda da voz celta mor, referida a un lugar pedregoso.[11]

Cotarelo Valledor recolleu a seguinte etimoloxía popular e fantástica sobre a orixe do topónimo:

O orixe de tales nomes está pra os veciños de Boimorto en que vindo certa vez por estas terras un ganadeiro con moita récua ('Boi-mil') desmandóuselle unha das cabezas ('Boi-ido'), que foi perseguido polos mozos hastra que o mataran ('Boi-morto') [12]

Posteriormente, Xosé María Álvarez Blázquez desenvolveu máis esta lenda:

En tempos antergos, cando aquelas terras aínda non tiñan nome, pasóu por alí un rico propietario de moito gando -mil ou máis cabezas, asegúrase-. E como quer que o pasto era bo, parouse alí de asento pra que a facenda pastara nos fartos herbales. As xentes que tal viron asombrábanse de tanta riqueza, e quedoulle ao lugar o nome de Boi-mil. Nesto acontecéu que un dos bois moscouse e botóu a fuxir. Andaba o animal un pouco arredado da manada, e aquil sitio chamóuse Boi-ido. Mandóu o amo aos mozos pastores que fosen recadalo; correron en pos del, pero non conseguiron botarlle man porque era moi bravo. Entón determinaron de darlle morte, pra aproveitar polo menos a carne e máis o pelexo. O remate da historia deu orixe ao nome do lugar: Boi-morto [13]

Patrimonio
Arquitectura civil

Pazo de Vieite de Boimorto é empregado como vivenda habitual e explotación agropecuaria. O portalón que limita o aceso presenta na súa parte central un escudo de armas.[14]

Pazo de Vilanova, en Dormeá

Pazo de Vilanova en Dormeá, trátase dun pazo amurallado con pombal. A súa construción data do século XVI. O edificio principal presenta unha planta cadrada que corresponde a diversas etapas construtivas. Na súa parte posterior hai unha gran balconada angular con balaustrada barroca. Posúe dous escudos de armas, un deles pertence á familia dos Castros e outro aos Ulloa.[15]

Casa do Marco en Sendelle, propiedade privada do século XVII. A porta principal presenta un arco de medio punto, enmarcado en cantería e sobre ela un escudo.[16]

Torre de Andavao , non se trata dunha torre, senón dun caserón. Atópase restaurado e conta cun escudo de armas na fachada principal. Hoxe en día é residencia habitual.[17]

Arquitectura relixiosa

O concello de Boimorto conta con 12 igrexas e con 5 capelas. As máis destacadas son:

Igrexa de Santa María de Sendelle,[18] Sendelle, do século XII, cunha soa nave e sancristía lateral. Posúe gran valor arquitectónico e pictórico. No seu interior esconde a parte máis importante cunhas pinturas.
Igrexa de Santa María dos Ánxeles,[19] Os Ánxeles, probablemente a súa orixe se remonte á segunda metade do século XII. É unha igrexa reedificada que conserva restos románicos. A fachada presenta porta alintelada e nela atópase a imaxe da virxe.
Igrexa parroquial de San Martiño de Andavao,[20] Andavao, do século XIX e con estilo barroco. A súa fachada afástase das habituais, xa que conta cunha porta de ingreso formada por un grande arco de medio punto terminado nun frontón triangular sobre esveltas columnas pegadas. A escaleira de acceso é de recente creación e na parte posterior aparece un escudo no que se le “ano 1807”.
Igrexa parroquial de San Cristovo de Dormeá,[21] Dormeá, de estilo románico. A fachada principal é dunha época posterior, probablemente do século XIX, xa que aparentemente mostra un estilo neoclásico, con portada alintelada, óculo central semicircular, frontón partido con pináculos nos extremos.

Interior da igrexa de Sendelle

Detalles do interior da igrexa de Sendelle

Vista xeral do altar da igrexa de Sendelle

Vista exterior do altar da igrexa de Sendelle

Arquitectura popular
Lavadoiro de Arentía, en Andavao, Boimorto

No municipio destacan numerosas obras de arquitectura popular. Entre elas pódense destacar as seguintes:

Cruceiro en Areas, Andavao, con inscricións sobre a cruz.
Cruceiro de San Pedro de Corneda,[22] Corneda, ten grande interese por presentar na súa parte baixa unha pequena capela con imaxes no seu interior. Ten tres chanzos e unha hucha pegada ao pedestal.[23]​
Lavadoiro de Arentía, Andavao, rematado con frontón triangular, baixo cuberta de tella a dúas augas sostida por dous piares de madeira e un muro de cachotería. Chégase baixando por unhas escaleiras.
Fonte de Boimorto, realizada en pedra. Remata nun frontón triangular e unha saída de auga. Chégase a ela a través dunhas escaleiras.
Lavadoiro de Boimorto, baixo cuberta de tella a dúas augas sostida por un muro de cachotería. Atópase soterrado pola súa parte de atrás.
Hórreo en Viladóniga, Boimorto, típico da zona, con volume moi alargado, e cuberta a dúas augas, as cales sobresaen moito. Sitúase sobre outra construción que parece estar adicada ao almacenamento.
Muíño no Campo da Lanza, Os Ánxeles, realizado en pedra e rehabilitado como vivenda. Aínda conserva a canle de traída de auga, aínda que esta se atopa desviada a escasos metros.
Muíños en Pousada, Mercurín, conxunto de construcións pegadas, de forma rectangular e con muros de granito, realizados en cachotería, excepto os ocos que se fan con granito. As cubertas son a dúas augas e de tella.

Patrimonio industrial

Telleira de Boimil, instalación de grandes dimensións, que representa a tradición e a modernidade na manufactura da tella e que funcionou ata finais dos 90. Era a instalación máis importante do ambiente. Hoxe en día está rehabilitada.[24]

Telleira da Baiuca. Detalle da lareira. Boimil, Boimorto.

Telleira da Baiuca. Detalle dun termómetro do forno. Boimil, Boimorto.

Patrimonio arqueolóxico

Monte de Arriba, As Corredoiras, xacemento no que se atoparon diversos fragmentos cerámicos da era calcolítica-bronce.[25]
Mámoa de Croios Brancos, mámoa do Pinar (ben conservada), mámoas no Monte da Cabrita (pertencen ao neolítico e atópanse ben conservadas)​.[25]
Castro das Corredoiras (parcialmente arrasado), castro do Marco de Arriba (parcialmente arrasado), castro de Pousada (parcialmente conservado), castro das Medorras ( só se conserva un terzo orixinal), castro de Pedral (estruturas defensivas ben conservadas), Os Castros (só se conserva parte do sistema defensivo).[25]
Miliario romano: está situado diante da casa consistorial. É unha proba de paso dunha vía romana polo término municipal.[26]

Castro do Marco de Arriba en Sendelle, Boimorto

Miliario Romano en Boimorto

Outro patrimonio

Fitos quilométricos: varias estradas do concello, como a CP-0602 e a CP-1003 conservan fitos quilométricos en granito. Estes foron estandarizados co Plan Peña en 1939.[27]

Etnografía
Festas e celebracións

As festas son todas relixiosas, agás o entroido, que obedece a unha tradición pagá, que cada ano o concello celebra co tradicional desfile de disfraces, e a Conrobla.

Outras festividades destacadas son as do apóstolo Santiago (25 de xullo) e as do Rosario (primeiro fin de semana de setembro).

O primeiro sábado de cada mes celébrase a feira, podendo atoparse nela tanto excedentes agrarios, como roupa, calzado ou apeiros de labranza.
Festival da Luz

O Festival da Luz é o evento máis coñecido do municipio. Creado por Luz Casal, este festival trouxo artistas como Manolo García, Los Secretos, Rosendo, Kiko Veneno, Hombres G, Triángulo de Amor Bizarro, Heredeiros da Crus, Love of Lesbian, Seguridad Social, Conchita, Agoraphobia, Siniestro Total, Jarabe de Palo, Fito & Fitipaldis...[28]

O nome do festival é na honra a súa creadora, Luz Casal.
Cantares de Reis

Concurso de música tradicional de reis, no que participan cuadrillas inscritas interpretando un "cantar de reis". Valórase que sexa un canto tradicional, enxebre e a autenticidade da peza; ademais da afinación e a dificultade.[29]
Agrupación Folclórica Santiaguiños

Creado en 1987, a Agrupación Folclórica Santiaguiños son un grupo de música tradicional da zona.[30][31] Teñen certa relevancia a nivel autonómico e incluso participaron en programas como Luar.[32]

En 2019, a asociación contaba con máis de 40 alumnos nas clases de baile, canto, gaita e percusión, ademais de organizar eventos relacionados coa cultura do pobo.[33]
Símbolos

O escudo de Boimorto foi deseñado polo gabinete de Vicente de Cadenas y Vicent, Cronista Real de Armas, tendo en conta tanto a historia de Boimorto como os escudos dos concellos veciños.

Está dividido en dúas partes horizontais: a superior fai referencia á cultura castrexa e a romanización, co debuxo dun castro nun monte á esquerda, e o miliario romano á dereita. A parte inferior fai referencia ao camiño de Santiago, cunhas cunchas e unha cruz de Santiago, sobre dúas ondas, referentes aos ríos Tambre e Iso.
Economía
Sectores produtivos
Sector primario

O sector primario está representado pola gandería, principalmente bovina de orientación láctea; aínda que a porcentaxe de vacas de carne é superior á media comarcal situándose no 33%. Se nos fixamos na cantidade de bovinos, segundo os datos do IGE, a cantidade mantívose bastante estable sobre as 7000 cabezas dende o ano 2000.[34] No caso das vacas de muxido, as cifras sufriron un descenso pronunciado entre 2002 e 2005, pero dende ese ano, mantéñense estables en algo máis de 2500 cabezas.[35] Agora ben, como a cantidade de explotacións variou dende 375 no 2002 ata 233 no 2017, aumentando a razón de bovinos por explotación de 19 bovinos/explotación no 2002, a 30 bovinos/explotación no 2017.[36]​

Con respecto á superficie empregada polas explotacións agrícolas, cabe dicir que esta pasou de 5610 ha en 1989, a 6387 ha en 1999 e a 4653 ha no 2009.[37]​ É dicir, houbo un aumento da superficie empregada entre o 1989 e o 1999, pero unha redución inda maior entre os 10 anos anteriores ao 2009. Esta redución da superficie ten, probablemente, relación coa cantidade de explotacións. Ademais, a cantidade de terra en propiedade reduciuse en máis de 500 ha entre 1999 e 2009, pasando de 3082 ha a 2570 ha.[38]​
Refuxio de Ponte Castro, en Arceo, Boimorto

No concello de Boimorto, ao contrario de moitos dos concellos dos arredores, a maioría das parroquias sufriron o proceso de concentración parcelaria. Esta foi finalizada en 1991 en Andavao (785 ha), 1993 nos Ánxeles (446 ha), 1997 en Arceo (774 ha), 1984 en Brates-Mercurín (949 ha), 1991 en Buazo (339 ha), 1969 en Cardeiro (715 ha), 2010 en Dormeá (1017 ha) e 1985 en Sendelle (950 ha).[39]​ Quedan polo tanto sen realizar as concentracións parcelarias das parroquias de Corneda e de Rodieiros.

Sobre a superficie destinada a aproveitamentos forestais, tras un aumento de máis do 100% entre o 1989 e o 1999, esta reduciuse nun terzo antes do 2009​. En 2019, hai 964 ha de «especies arbóreas e forestais».[40]​ A maioría da superficie forestal do municipio está plantada de eucalipto, aínda que resaltan algunhas plantacións de carballos, castiñeiros, cerdeiras e nogueiras.[41]​

O municipio dispón dun dos sete coutos de pesca do río Tambre, o couto de Ponte Castro, no que se pode pescar troita.[42] Conta cunha lonxitude de 8,5 quilómetros. O límite superior fíxase en Pasos de Mezonzo (límite Vilasantar-Boimorto) e o inferior na Ponte As Vegas (límite Mesía-Vilasantar).[43]​

Tamén ten dous cotos de caza: Tecor do Barro e Tecor Monte Rebellón[44]​.
Sector secundario

O sector secundario, industria e construción, é o último en importancia por número de ocupados. Centra a súa actividade en pequenos talleres, carpinterías e na construción. Presenta unha estrutura empresarial de traballadores autónomos ou empresas de dous ou tres traballadores.[45]
Sector terciario

O sector servizos de Boimorto ten un carácter moi tradicional, xa que está baseado case exclusivamente no pequeno comercio familiar. A capital municipal, Gándara, ofrece a maior parte dos servizos. O turismo rural está comenzando a desenvolverse, tendo hoxe en día[cando?] tres casas de turismo.[46]
Renda per cápita

Segundo datos da Axencia Estatal de Administración Tributaria, Boimorto, cunha renda bruta media de 14 902 €, situouse como o 2586º municipio con maior renda a nivel nacional, e 244º a nivel autonómico​.[47] Isto coloca o municipio como 4º con menos renda dispoñible da provincia de A Coruña, só por diante de Toques, Sobrado e Monfero.[48]​

Dende que a Axencia Tributaria publica información estatística sobre a renda dispoñible, Boimorto experimentou un lixeiro incremento nesta, pasando de 13 664 € no 2013[49]​ a 14 902 € no 2016.[50]​ Isto supón un aumento dun 9,06 % na renda bruta media.
Infraestruturas

Polo territorio do concello pasan dúas estradas autonómicas: a AC-840, que comunica Betanzos con Melide, a AC-234, que parte das Corredoiras (no propio municipio) e finaliza en Arzúa, e a AC-934, que partindo das Corredoiras pasa por Sobrado e remata en Friol, cambiando a súa denominación por LU-934.[51][52] A primeira das vías é principalmente empregada para chegar a Curtis, Melide ou A Coruña.[53] A segunda destas vías, é útil para ir a Arzúa e Santiago de Compostela (a través da autoestrada A-54).[54]​ A terceira permite chegar a Sobrado, Teixeiro e Friol​.

Cabe tamén mencionar as 6 estradas provinciais que pasan polo municipio: CP-0602 (Boimorto-Sendelle-Trapa), DP-0603 (estrada Boimorto-Orxal), DP-1001 (As Corredoiras-Mella), DP-1002 (Boimorto-Viladónega), DP-1003 (Boimil-O Gandarón) e DP-1004 (Boimorto-Lanzá)​.[55]

Ademais, as estradas provinciais conducen ás estradas N-547 (Santiago de Compostela-Lugo) e N-634 (Santiago de Compostela-Oviedo), que pasan polos concellos veciños de Arzúa, Frades e Mesía respectivamente.
Deporte
Instalacións

Complexo Deportivo Javier Álvarez Maristany: consta de dous campos de fútbol con cafetería e vestiarios. Nel tamén se atopa a piscina municipal. Ambos son de titularidade municipal.[56]​

Equipos e eventos deportivos
Rally Terra da Auga

Boimorto é, xunto a Arzúa, O Pino, Boqueixón e Touro, un dos municipios onde se celebra o Rally Terra da Auga. Este rally é a proba que o Campionato de España de Rallys de Terra (CERT) celebra en Galicia.[57]​
C.F. Boimorto

Creado en 1977 polo entón alcalde, Manuel Regueiro Correa,[58]​ é o equipo de fútbol máis importante do municipio. En 2019 xoga en Preferente Galicia-Grupo Norte.[59]​
Servizos públicos
CPI Armando Cotarelo Valledor

O CPI (Centro Público Integrado) Armando Cotarelo Valledor é un centro público, xestionado pola Xunta de Galicia, que ofrece educación infantil, educación primaria, e E.S.O., onde asisten ademais dos alumnos do concello, os de Sobrado dos Monxes e Vilasantar.[60]
Punto de Atención á Infancia

O proxecto de crear unha gardería comezou no 2007.[61] En 2019, aínda en funcionamento, acolle nenos deste e de varios municipios.
Residencias para a terceira idade

O municipio dispón dunha residencia municipal, e dunha residencia privada.

Tamén dispón dun centro de día, no que se organizan diversas actividades destinadas á terceira idade.

A residencia privada, chamada Residencia Nosa Señora da Magdalena, está situada no lugar de Arentía, na parroquia de Andavao. Creada en 1995, é unha residencia de tipo mixto, é dicir, conta cunha residencia para persoas maiores, e outra para persoas con trastornos de diversa índole.[62] Conta con 50 prazas para persoas maiores.[63]
Política e goberno
Administración municipal
Resultados electorales a nivel municipal dende 1979 [64] Eleccións UCD CD AP-PDP-UL EG Logotipo del PSOE.svg PSdeG-PSOE Alianza Popular (logo, 1983-89).svg AP People's Party (Spain) Logo.svg PPdeG PDP-PL-CG Bloque Nacionalista Galego BNG DG AIB
Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C.
abril 1979 627 9 332 4 - - - - - - - - - - - - - - - - - -
maio 1983 - - - - 792 7 341 3 222 1 - - - - - - - - - - - -
xuño 1987 - - - - - - - - 305 2 804 6 - - 458 3 77 0 - - - -
maio 1991 - - - - - - - - 491 3 - - 1036 6 - - 305 2 - - - -
maio 1995 - - - - - - - - 310 2 - - 1250 8 - - 203 1 - - - -
maio 1999 - - - - - - - - 348 2 - - 1250 7 - - 238 1 215 1 - -
maio 2003 - - - - - - - - 235 1 - - 729 5 - - 242 1 - - 578 4
maio 2007 - - - - - - - - 887 6 - - 612 4 - - 220 1 - - - -
maio 2011 - - - - - - - - 789 5 - - 670 5 - - 196 1 - - - -
maio 2015 - - - - - - - - 538 4 - - 687 5 - - 297 2 - - - -
maio 2019 - - - - - - - - 396 3 - - 757 6 - - 249 2 - - - -

Na súa terceira lexislatura como alcalde do municipio, José Ignacio Portos Vázquez renunciou á alcaldía por problemas persoais. Debido a isto, Ana Ledo Fernández converteuse en alcaldesa de Boimorto o 26 de maio de 2014.[65]

Na lexislatura 2015-2019, Gonzalo Concheiro Coello, cabeza de lista da candidatura do PP,[66] presentou unha moción de censura que gañou grazas ao tránsfuga José Balado Casal​,[67] terceiro pola lista do PSOE.[66] A mencionada moción de censura derrocou o ata ese momento alcalde polo BNG, Xosé Luis Rivas Cruz.[68]
Lista de alcaldes dende as eleccións municipais de 1979 Lexislatura Nome Partido
1979 - 1983 José Antonio Branco Ramos UCD
1983 - 1985 Luis Verea Taboada CP
1985 - 1987 Luis Verea Taboada Alianza Popular (logo, 1983-89).svg AP
1987 - 1991 Luis Verea Taboada People's Party (Spain) Logo.svg PP
1991 - 1995 Luis Verea Taboada People's Party (Spain) Logo.svg PP
1995 - 1999 Luis Verea Taboada People's Party (Spain) Logo.svg PP
1999 - 2003 Luis Verea Taboada People's Party (Spain) Logo.svg PP
2003 - 2007 José Ignacio Portos Vázquez AIB
2007 - 2011 José Ignacio Portos Vázquez Logotipo del PSOE.svg PSdeG-PSOE
2011 - 2015 José Ignacio Portos Vázquez[69]
Ana Ledo Fernández[69] Logotipo del PSOE.svg PSdeG-PSOE
Logotipo del PSOE.svg PSdeG-PSOE
2015 - 2019 Xosé Luis Rivas Cruz[70]
Gonzalo Concheiro Coello[67]
María Jesús Novo Gómez[68] Bloque Nacionalista Galego BNG[66]
People's Party (Spain) Logo.svg PP[66]
People's Party (Spain) Logo.svg PP[66]
2019 - act. María Jesús Novo Gómez People's Party (Spain) Logo.svg PP[71]
Administración xudicial

Boimorto pertence ao partido xudicial nº 8 da provincia da Coruña, con sede en Arzúa.​[72] A demarcación comprende os municipios xa citados xunto a Melide, O Pino, Santiso, Toques e Touro.[73]​ Este partido xudicial conta cun xulgado de primeira instancia​.

Ao non dispoñer do xulgado de primeira instancia no seu término municipal, e tal como indica no artigo 99 da Ley Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, o municipio dispón dun xulgado de paz.[74]​
Camiño de Santiago

Na Idade Media, vinculado ao mosteiro de Sobrado dos Monxes, por Boimorto pasaba o Camiño do Norte que segundo algúns autores é a ruta xacobea máis antiga e en tempos máis concorrida que o Camiño Francés. O Camiño do Norte chega ao concello polo lugar das Corredoiras, na parroquia dos Ánxeles. De aí, o camiño pasa polas parroquias de Boimil e de Boimorto, onde os peregrinos teñen a opción de continuar cara ao Pedrouzo, no municipio do Pino, ou camiñar en dirección a Arzúa. A primeira das opcións lévaos pola CP-0603, pasa a través das parroquias de Brates e Mercurín, e desemboca no lugar da Mota, no concello de Arzúa. A segunda opción conduce os peregrinos pola CP-0602, que pasa pola parroquia de Sendelle, e desemboca na parroquia da Mella, tamén no concello de Arzúa.[75]

Por esta vía do Camiño de Santiago pasaron 19 040 peregrinos en 2018, o que corresponde cun 5,82% do total de peregrinos que chegaron a Santiago de Compostela​.[76] A partir das estatísticas elaboradas pola Oficina do Peregrino, e sen ter en conta os anos santos (2004 e 2010 na serie histórica mostrada na figura), pódese estimar que a cantidade de peregrinos que pasa polo municipio se incrementa en algo máis de 900 cada ano. Na seguinte gráfica pódese observar a evolución do número de peregrinos que pasan polo Camiño do Norte dende 2004.[77]


Personaxes destacados

Luz Casal, cantante (n. 1958). Nomeada Filla Predilecta da localidade o 16 de maio de 2010. Grazas a súa colaboración co Concello, creouse o Festival da Luz no ano 2012.
Suso de Marcos, escultor. (n.1950). É membro da Sección de Escultura Da Real Academia de Belas Artes de San Telmo de Málaga; membro da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Sra do Rosario e membro da Real Academia de Sta. Isabel de Hungría de Sevilla. O 5 de marzo foi nomeado fillo predilecto do municipio de Boimorto..
Nearby cities:
Coordenadas:   43°0'46"N   8°7'6"W
This article was last modified 3 years ago