Concello de Frades
Spain /
A Coruca /
Mesia /
World
/ Spain
/ A Coruca
/ Mesia
/ España / / A Coruña /
municipio, Debuxar só o borde do polígono
Frades (do latín fratres, irmáns, seguramente monxes, freires dunha congregación relixiosa) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.
Segundo o INE en 2014 tiña 2485 habitantes (2706 no 2009, 2841 no 2006, 2871 no 2005, 2920 no 2004, 2975 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fradense».
Censo total 2014 2485 habitantes
Menores de 15 anos 176 (7,08 %)
Entre 15 e 64 anos 1566 (63,02 %)
Maiores de 65 anos 743 (29,9 %)
Evolución da poboación de Frades Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3328 3766 4624 3655 2920 2566
Xeografía
O concello ten 81,7 km², e abrangue 12 parroquias e 138 entidades de poboación. Limita ao norte con Mesía, ao sur con Arzúa, O Pino e Oroso, ao leste con Boimorto e ao oeste con Ordes. A capital está en San Amaro, e o maior núcleo de poboación é Ponte Carreira, na parroquia de Gafoi, á beira do río Tambre. Está a 33 km de Santiago de Compostela, sendo lugar de paso entre a capital galega e Sobrado dos Monxes.
Ten un relevo suave con altitudes entre os 441 m cara ao norte, e os 280 ao sueste, cara ao río Tambre. O río Samo, afluente do anterior, fai de fronteira con Ordes. Outros cursos menores son o Maruzo, o Gaiteiro, o Mostás e o Pío. Ten clima oceánico, con máis de 1400 mm de precipitacións anuais e unha temperatura media de 12 ºC.
Historia
No antigo réxime pertencía á provincia de Santiago de Compostela, estando o territorio dividido nas xurisdicións de Mesía e Folgoso, esta última baixo tutela do condado de Altamira.
Parroquias:
San Estebán de Abellá
San Salvador de Mesos
Santa María de Papucín
San Martiño de Frades
San Xoán de Vitre
San Martiño de Ledoira
Santa María de Añá
Santa Mariña de Gafoi
San Pedro de Aiazo
Santa Eulalia de Moar
San Martiño de Galegos
Patrimonio
Patrimonio civil
O pazo de San Martiño de Galegos é renacentista, do século XVII. Nel hospedáronse o 15 de abril de 1690 Mariana de Neoburgo e mailo seu irmán. Tras chegaren en barco desde Flandres a Mugardos, pasaron pola Coruña e Compostela para seguir en dirección á corte de Madrid. En agradecemento pola pousada, o rei Carlos II de España (esposo de Mariana) concedeu aos propietarios do pazo o dereito de ser pechado con cadea. No lintel hai unha inscrición ao respecto, co seguinte texto: En 15 de Abril de 1690 durmió en esta casa la Reina Ntra. Sra. D.ª Mariana de Neoburgo, mujer del rey Ntro. Sr. D. Carlos 2º, viniendo de la Coruña en Romería a Ntro. Santo Apóstol Santiago. Siendo dueños de esta Casa D. Antl. Mosquera Pimentel Riva de Neira casado con D.ª Baltasara Antonia de Luna Lovera y Valladares. Ad Majorem Dei Gloriam.
Actualmente o pazo pertence a unha orde relixiosa, á que lle foi doado. Conserva os escudos dos Mosquera Pimentel e dos Enríquez Novoa e a antiga capela cunha torre pequena máis moderna.
O pazo do Peñasco está na parroquia de Abellá. Foi construído no século XVII por Pedro Vázquez Vaamonde, pero foi reconstruído recentemente. Ten un escudo timbrado coa cruz de Malta e catro cuarteis: o «M» dos Montenegro, os escaques dos Bermúdez, a cabeza de lobo dos Moscoso e un castelo.
Outras casas grandes son a casa do Fogueteiro (Aiazo), casa de Botana (Cimadevila) e a casa do Cruceiro (Añá).
O museo etnográfico de Frades reúne útiles e ferramentas tradicionais do campo e do fogar.
Patrimonio relixioso
Na igrexa de Céltigos apareceu unha pedra cunha inscrición do ano 969, facendo referencia á fundación dunha basílica e da casa de San Xulián. A pedra servía de perpiaño no arco de entrada ao presbiterio.
A igrexa de Papucín conserva a estrutura románica, pero foi reconstruída. No testeiro da ábsida ten un pequeno escudo incrustado. Está situada preto do casal de Quintá de Arriba.
A igrexa de Gafoi conserva unha porta románica, con dous pares de columnas, tímpano liso e arquivolta exterior xadrezada. No chan do adro hai unha cruz inscrita nun círculo, procedente do templo medieval.
A ermida de San Nicolás está no alto do monte do mesmo nome. En Moar está a ermida de San Roque, rodeada dunha fraga. En San Amaro está a ermida da Madalena, con dúas pedras con inscricións sobre a porta relativas á súa construción en 1668

Artigo da Wikipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Frades
Nearby cities:
Coordenadas: 43°2'58"N 8°16'27"W
- Concello de Friol 29 km
- Concello de Lalín 30 km
- Concello de Lugo 44 km
- Concello das Pontes de García Rodríguez 62 km
- Concello de Folgoso do Courel 88 km
- Concello de Quiroga 88 km
- Concello de Cervantes 96 km
- Concello da Veiga 122 km
- Concello de Viana do Bolo 125 km
- Concello de Porto 138 km
- San Martiño de Frades 1 km
- Santa María de Papucín 1.6 km
- San Xoán de Vitre 2.5 km
- San Salvador de Mesos 2.9 km
- San Estevo de Abellá 4.3 km
- San Martiño de Galegos 4.3 km
- Fragas de Barcia 4.9 km
- Concello de Oroso 10 km
- Parroquia de Enfesta 21 km
- Concello de Santiago de Compostela 25 km