Concello de Ordes

Spain / A Coruca / Ordes /
 municipio, Debuxar só o borde do polígono
 Upload a photo

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2018 tiña 12.632 habitantes (12.868 no 2010, 12.272 no 2005, 11.942 en 2000). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense». Xeografía
Situación

Ordes atópase nunha chaira a medio camiño entre Compostela e A Coruña.
Comunicacións

Está atravesado pola N-550, a AP-9 e polo ferrocarril entre A Coruña e Compostela.
Orografía

A altura sobre o nivel do mar oscila entre os 461 m nos montes do sur e os 450 m no norte.
Hidrografía

Ordes atópase case na súa totalidade na cunca hidrográfica do río Tambre. O máis importante é o río Lengüelle, que baixa polo oeste marcando o límite co concello de Tordoia. A excepción os regatos do norte da parroquia de Ardemil, que se orientan de cara ao val de Barcia e desembocan no río Barcés.
Xeoloxía

O terreo está formado por unha unidade xeolóxica de xistos denominada xistos de Ordes.
Clima

As precipitacións son abondosas e superan os 1.500 mm anuais. A temperatura media é de 13 °C, se ben xea todo o ano excepto no verán.
Demografía

O concello ocupa 157 km² e un terzo da poboación reside na capital, Ordes.
Historia

Da época castrexa destacan o castro de Ceidón e o castro de Gosende nas proximidades do núcleo urbano, posuíndo todo o concello unha alta cantidade deste tipo de sitios arqueolóxicos.

Durante a Idade Media fixo parte do condado de Trastámara, e posteriormente dividiuse entre a xurisdición de Folgoso, do conde de Altamira, o couto de Faramilláns e as xurisdicións de Gorgullos e Montaos. Montaos foi doado por Afonso VII á catedral de Santiago de Compostela en 1124.

En 1544 Filipe II, de camiño a Compostela, fixo noite na Calle, na parroquia de Poulo, feito do que deixa constancia unha inscrición no lintel da porta.

O xeneral Juan Díaz Porlier tamén pasou a noite en Ordes, onde foi feito prisioneiro. Durante a guerra civil de 1833 producíronse enfrontamentos entre liberais e absolutistas e en 1846 pasou Miguel Solís coas tropas do Exército Libertador de Galicia.

Entre 1878 e 1880 editouse en Ordes o semanario El Fomento.
Poboación
Censo total 2018 12.632 habitantes
Menores de 15 anos 1.807 (14.30 %)
Entre 15 e 64 anos 7.848 (62.13 %)
Maiores de 65 anos 2.977 (23.57 %)
Evolución da poboación de Ordes Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.260 8.205 10.450 11.076 12.287 12.868 12.948 12.963 12.939 12.844 12.776 12.669 12.580 12.632
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Economía

Durante a década de 1960 produciuse unha emigración cara ás cidades máis próximas e cara a Europa, que freou na década de 1970. Na actualidade, un cuarto da poboación adícase ao sector primario (especialmente gando bovino para o sector lácteo).

No que se refire ó sector secundario ou industrial, destaca o sector téxtil e a construción. Segundo a web do Concello de Ordes, en 2011 había rexistradas 21 empresas adicadas á produción téxtil.

O sector terciario concéntrase na capital do concello e destacan empresas de comercio polo miúdo que dan servizo non só a Ordes senón tamén ós concellos da mancomunidade de Ordes, cun sector comercial máis reducido.
Mancomunidade de Ordes

Ordes é a capital da mancomunidade de Ordes, composta tamén polos concellos de Trazo, Tordoia, Cerceda, Mesía, Frades e Oroso, cun total de 39.004 habitantes.
Espazos naturais

A Zona especial de conservación (ZEC) do Río Tambre atravesa parte do suroeste do concello. O treito ordense acolle as augas e ribeiras do río Lengüelle desde o encoro de Vilagudín así como o río Cabrón e regos que tributan neste. Este espazo é de interese pola súa protección a estepas de gramíneas e os bosques de ribeira.[5]
Cultura
Patrimonio

Pazo de Codeseda, en Codeseda, Leira.
Pazo de Bidueiro, no Bidueiro, Ordes.

Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos
Escolas

CEIP ADR Castelao
CEIP Alfonso Rodríguez Castelao
CEIP Campomaior
CEIP Mesón do Vento
IES Nº 1 Ordes
IES Maruxa Mallo

Museos, bibliotecas e centros sociais

Museo do traxe "Juanjo Liñares", exposición de traxes doados polo bailarín ordense Juanjo Liñares. Os traxes tradicionais da danza española e doutras múltiples rexións do mundo.[6]

Etnografía
Feiras

Feira semanal (ten lugar tódolos mércores) que ten lugar a entre a rúa do Muíño e a rúa da Feira, zona máis coñecida como o Campo da Feira.
Feira Multisectorial Expofegasa. Están representados distintos sectores (téxtil, agrícola queixo). Ten carácter anual e sempre coincide coa Festa do Champiñón.
Feira de Cans no Mesón do Vento. É unha feira de carácter anual de cans de caza.

Festas gastronómicas

Festa do champiñón. Ten lugar en Ordes, xeralmente a última fin de semana de abril. Vense celebrando dende 1989 e coincide no tempo coa Feira Multisectorial Expofegasa.
Festa do lacón. Ten lugar no Mesón do Vento.

Festivais de música

En Ordes, Festival Brincadeira. As primeiras edicións do Festival Brincadeira celebráronse no Concello de Ordes pero a partir do ano 2012 pasou a celebrarse noutros concellos.
Na parroquia de Poulo, festival Meigas fóra.
Na parroquia de Santa Cruz de Montaos, festival Revoltosa Rock.
En Ordes, festival de Jazz, organizado pola escola de música.

Festivais de arte urbana

Desordes creativas na vila de Ordes

Festivais de curtametraxes

Festival Cinestable en Ordes. Foi dos únicos festivais a nivel estatal de curtametraxes con licenza Creative Commons.

Agrupacións folclóricas

Sementes da arte
A.C.Camiño Real, na parroquia de Poulo.
Os Viqueiras de Ordes.

Asociacións culturais

Asociación de usuarios de Linux "Inestable", asociación de software libre.
Tarandeira: asociación cultural e de tempo libre, especialmente de sendeirismo.

Banda de música

Asociación Cultural "Amigos da Música" de Ordes

Grupos musicais

Dios ke te crew
Kastomä
O chícharo psicótico
A Cona Ye-Ye
Axóuxere, grupo folk.
Superoito
Ritmo Galego

Grupos de teatro

A Catorce

Deportes

En Ordes, de forma federada pódense practicar diversos deportes como o fútbol, fútbol sala, hóckey a patíns, tenis de mesa ou pádel. A pesar de non haber ningún club de tríatlon, é salientable que o triatleta ordense Iván Raña chegou a ser campión do mundo. Foi o primeiro triatleta galego en conseguir un campionato do mundo da especialidade, o primeiro en vencer nunha proba da Copa do Mundo e en participar nuns Xogos Olímpicos.
Clubs de fútbol

Sociedad Deportiva Club Órdenes
Mesón do Bento Club de Fútbol
AD Vila de Ordes
SD Montaos da parroquia de Santa Cruz de Montaos
Jogafan F.S.

Clubs de Hóckey a patíns

Club Patín Ordes, é o club máis laureado do concello, con numerosos títulos en categorías masculina e feminina.

Clubs de Pádel

Pádel Ordes
Nearby cities:
Coordenadas:   43°5'5"N   8°24'24"W
This article was last modified 5 years ago