Concello de Oia

Spain / Pontevedra / Baiona /
 municipio, Concello, Debuxar só o borde do polígono

Oia é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2005 era de 3.038 persoas. Toda a franxa occidental do concello dá ao mar. O relevo está marcado polas estribacións en dirección N-S da cordilleira dos montes de A Groba, que chegan até os 600 metros de altitude e dos que parten vales estreitos que descenden até a ribeira, constituída por unha rasa litoral extensa. Aquí é onde se localizan os núcleos de poboación (Oia, Viladesuso, Mougás) e as escasas terras de cultivo. Noutro val paralelo á costa, entre os montes de Lousado e Corrubelo, sitúanse Lourenzá e Burgueira, parroquias nas que se cultiva aproveitando os socalcos.

Nas fotos: Mosteiro de Oia, petroglifo de Pedornes e igraxa de Pedornes


www.youtube.com/watch?v=2g7VbcZplrQ
Nearby cities:
Coordenadas:   42°1'59"N   8°50'32"W
This article was last modified 16 years ago