Parque de Castrelos

Spain / Pontevedra / Vigo /
 Upload a photo

O parque urbano máis grande de Vigo está nesta parroquia, cunha extensión de 22.000 metros cadrados. Nel atópase o Pazo Quiñones de León (reconvertido en museo) rodeado duns grandes xardíns que limitan co río Lagares. O pazo ten a súa orixe na Torre de Lavandeira, abandonada trala retirada do exército portugués entre os anos 1665 e 1670. O antigo edificio fora tributario da Orde do Temple, converténdose en torre no século XVI.

Tamén no parque de Castrelos atópase un antigo auditorio ó aire libre (que aproveita a pendente natural do terreo) que se utiliza para a celebración de concertos e festivais no verán.
Nearby cities:
Coordenadas:   42°12'47"N   8°43'46"W
This article was last modified 17 years ago