Ferrol | ciudad

Spain / A Coruca / Ferrol /

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2019 tiña 66.065 habitantes, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².
Ciudades cercanas:
Coordenadas:   43°29'32"N   8°13'24"W

Comentarios

  • El Ferrol del Caudillo - la ciudad natal de gran patriota espańol Francisco Franco, el hombre que salvó Europa Occidental de la pesadilla comunista y construyo los fundamentos económicos del desarrollo de Espańa de hoy.
  • La ciudad se llama oficialmente Ferrol (sin El ni Caudillo) desde la década de los 80. Además del ciudadano Franco también nacieron aquí Pablo Iglesias, fundador del Partido Socialista Obrero Español, Concepción Arenal, avanzada estudiosa y defensora de la modernización sistema penal español, Fontenla Leal, impulsor de la realización del himno de Galicia, Ricardo Carvallo Calero, gran estudioso de la lengua gallega y muchos otros ciudadanos y ciudadanas conocidas o anónimas que contribuyeron a hacer este país más habitable al despejar otras pesadillas comunes al ser humano.
  • Viva Galiza