Magnesitas de Rubián S.A.

Spain / Lugo / Sarria /
 mina, produción

Mina de galería subterránea de magnesita. Aberta en 1963. A explotación do mineral faise mediante galerías que aproveitan unha capa de magnesita de 15 m de grosor e 16º de inclinación. O mineral trasládase á planta de procesado onde se tritura e calcina nun forno rotativo de 60 m de lonxitude a menos de 1000 ºC. A comercialización da magnesita calcinada (óxido de magnesio) faise a granel ou mediante sacas de 25 ou 50 Kg paletizados ou mediante big bags de 1000 Kg. Os envíos en barco realízanse polos portos de Ribadeo ou Ferrol. A magnesita cáustica utilízase na alimentación animal, como fertilizante agrícola para a corrección do pH ácido, ou solos pobres en magnesio, para obtención de magnesio metal e para restauración de chans contaminados por metais pesados e hidrocarburos.
www.mgr.es/idiomas/ing/index_frame.htm
Nearby cities:
Coordenadas:   42°42'0"N   7°27'18"W
This article was last modified 14 years ago