Halki

Greece / Dodekanisos / Embonas /

Halki grego: Χάλκη, Chalki, Halki, tamén Chalce) é unha illa grega e un municipio no arquipélago do Dodecaneso no mar Exeo, a 6 km ao oeste de Rodas. Cun área de 28 km², é a illa máis pequena habitada do Dodecaneso. Ten unha poboación permanente de 330 habitantes (aumenta durante os meses de verán), concentrados en Emborio o único pobo. O censo de 2001 deu unha poboación de 313 habitantes, é o municipio (demos) máis pequeno de Grecia. A comunidade está dividida en dúas partes, Chorio (Emborio) e o porto.
O Municipio de Halki inclúe varias illas deshabitadas, a maior das cales é Alimia ao nordés, que ten unha superficie total de 37´043 km². A industria primaria da illa é o Turismo, aínda que a pesca é tamén considerable. Practicamente non hai subministración de auga natural na illa e a choiva recóllese en cisternas de gran tamaño. A auga potable é traída de Rodas, pero pode haber escaseza durante os meses de verán co aumento da poboación.
Coordenadas:   36°13'37"N   27°34'14"E
Array