Paredes. Vilaboa. Pontevedra
Spain /
Pontevedra /
World
/ Spain
/ Pontevedra
/ Pontevedra
Pódense coñecer os puntos máis interesantes desta vila situada no interior da Ría de Vigo percorrendo a "Ruta da pedra Miranda".
A senda ten dous tramos: un que vai pola parte de abaixo da estrada que une Vigo con Pontevedra e outro que vai pola parte de arriba.
Tramo 1: Comeza o seu trazado na ribeira das Salinas do Ulló (onde se secaba auga de mar para obter sal). Aquí se poden ver as ruínas das casas do persoal que traballaba nas salinas, crúzase o murallón e pásase polos restos do que foi un muíño de mareas. Continúase o camiño dando a volta á "Cerca", ofrecendo unha fantástica panorámica das illas Alvedosas e da ría de Vigo, lugar que foi testemuña da última batalla en Galicia contra o exército de Napoleón, durante a Guerra da Independencia e con ela se derrotou definitivamente ao exército francés. A esta batalla coñécena como a "Batalla de Ponte Sampaio".
Tramo 2: Despois de cruzar a estrada que une Pontevedra e Vigo, sóbese por un camiño que vai por detrás da gasolineira e tórcese á esquerda no primeiro cruzamento para chegar á canteira d'A Lapa onde hai unha área recreativa con mesas, randeeiras e unha lagoíña con ras e cangrexos americanos (especie invasora). Desde aí comeza un camiño ascendente que atravesa toda a vila ata chegar á Pedra Miranda polo Camiño Portugués desde onde, ademais de encontrármonos con esa interesante formación rochosa, hai unhas boas vistas da ría de Vigo .
Hai outra ruta que é a dos muíños do Río Trasmil que tamén empeza nas salinas do Ulló, concretamente A xunqueira que é unha marisma onde se poden ver diversas especies de aves. Logo continuamos por ascendendo o curso do río Trasmil.
Nesta senda podemos ver varios muíños e algún que outro salto de auga que ten o Trasmil para salvar o desnivel no seu curso cara ao mar.
A uns poucos quilómetros atópase o Parque da Natureza Lago de Castiñeiras (lagoa artificial) que foi repoboado con castaños, bidueiros, carballos americanos e outras especies exóticas.
Aquí está tamén o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da provincia de Pontevedra, a Aula da Natureza de San Xulián, un parque e un couto de pesca.
No alto do monte está situado o Miradoiro de Cotorredondo desde o que se divisan a Ría de Pontevedra e a Ría de Vigo. No parque atópase un campo de catro túmulos funerarios entre as que destaca "A Mámoa do Rei".
Continuando a senda, este enlaza coa Ruta Ecolóxica do Morrazo (GR-59).

Nearby cities:
Coordenadas: 42°21'12"N 8°37'22"W
- Redondela 6 km
- Broullón 11 km
- Lérez 12 km
- Astilleiros 17 km
- Cabo Udra 18 km
- Coruxo 22 km
- Noalla 24 km
- Parroquia de Panxón: porto, praias e península de Monteferro 28 km
- Albelos 30 km
- Illa dos Centolleiros 37 km
- Cesantes 5.5 km
- Clube de Golf Ría de Vigo 7.9 km
- Porto Naval-Industrial de Marín/Pontevedra 8 km
- Concello de Redondela 8.2 km
- Domaio 8.8 km
- Meira 10 km
- Ría de Pontevedra (Rías Baixas) 11 km
- Verducedo 11 km
- Ría de Vigo (Rías Baixas) 18 km
- Concello de Cangas 18 km