Porto Exterior da Coruña
| comercial, porto marítimo
Spain /
A Coruca /
Arteixo /
World
/ Spain
/ A Coruca
/ Arteixo
comercial, porto marítimo

Dende o ano 2004 se están levando a cabo as obras de ampliación do porto en Punta Langosteira, no municipio de Arteixo, limítrofe coa Coruña.
Cun presuposto de máis de 1000 millóns de euros, prevese que as obras conclúan no 2012, aínda que a partir do 2010 o novo porto xa estará parcialmente operativo, dado que as obras do principal dique de abrigo estarán completadas tal ano.
O novo porto contará cun dique de abrigo de 3250 metros de longo, dos que á data de novembro de 2007 xa estaban construídos 800 metros, 264 hectáreas de augas interiores (o equivalente a máis de 100 campos de fútbol), 91 hectáreas de terreo edificable e un contradique de 600 metros no extremo oeste das obras. Ademais, tamén contará con conexións por estrada coa A-6 e por ferrocarril. A liña de atraco superará os 9 quilómetros con calados que irán dos 16 aos 30 metros, o que permitirá o atraco de buques de ata 250.000 toneladas de peso.
Os usos deste novo porto serán ata o ano 2020 eliminar o tráfico de mercancías sucias e perigosas (é dicir, graneis sólidos e líquidos) do casco urbano da Coruña. Trala execución da segunda e terceira ampliacións, previstas para o 2020 o novo porto poderá albergar tamén contedores e mercancías xerais, o que deixará para uso urbano os molles de San Diego e Oza.
No ano 2020, cando estiver completamente operativo o novo porto, espérase que a cantidade de tráfico portuario se sitúe á altura de portos como Tarragona ou Bilbao.

Nearby cities:
Coordenadas: 43°20'51"N 8°30'43"W
- Porto e praia de Suevos 2 km
- Porto da Coruña 8.9 km
- Porto de Fisterra 78 km
- Porto de Vilagarcía de Arousa 86 km
- Porto de Cabo de Cruz 87 km
- Porto de San Cibrao 93 km
- Porto do Grove 99 km
- Porto de Burela 100 km
- Porto de Bouzas e Zona Franca 125 km
- Porto Pesqueiro 125 km
- Punta Langosteira 1.6 km
- Polígono Industrial de Sabón 3.3 km
- Concello de Arteixo 4.4 km
- Refinería de Repsol 5.2 km
- Parque Industrial de Vio 5.4 km
- Polígono de Vío 5.6 km
- Polígono Industrial Pocomaco 6.6 km
- Parque Monte de San Pedro 6.8 km
- Polígono dos Rosais 7.1 km
- Culleredo 11 km