Wikimapia is a multilingual open-content collaborative map, where anyone can create place tags and share their knowledge.

Vigo

Spain / Pontevedra / Vigo /

Vigo é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 295.364 habitantes no 2019 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 295.364 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2019. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.708 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.
Ciudades cercanas:
Coordenadas:   42°13'49"N   8°43'9"W
Este artículo fue modificado por última vez hace 5 años