Anfield (Learpholl)

United Kingdom / England / Liverpool / Learpholl
 estadio, liga de fútbol de primera división

Anfield é un estadio de fútbol localizado no distrito homónimo, na cidade de Liverpool, en Inglaterra, Reino Unido. A súa dirección é Anfield Road Liverpool L4 0TH. O estadio foi construído en 1884, e foi a casa do Everton Football Club até 1892, ano en que o club se marchou despois dun desacordo económico. Desde entón o estadio foi o fogar do Liverpool Football Club, equipo formado a partir da saída do Everton de Anfield. É un estadio de categoría elite segundo os criterios da UEFA, e albergou numerosos partidos internacionais a nivel profesional, incluíndo encontros da selección inglesa de fútbol. O inmoble ademais foi utilizado durante a Eurocopa de 1996.
Nearby cities:
Coordenadas:   53°25'51"N   2°57'39"W
Array