Auditorio municipal de Ourense (Ourense)

Spain / Ourense / Ourense
 auditorio, Centro de Congresos, sala de exposicións
 Upload a photo

Coa inauguración do Auditorio – Palacio de Congresos Municipal o 17 de marzo de 2005, Ourense consolida a súa oferta cultural. A eficaz colaboración entre Administradores (Concello, Xunta e Administración Central) concluíu cunha instalación pioneira e versátil, foro cultural único, entre os máis modernos e mellor equipados de Europa. O suxestivo e funcional espazo arquitectónico proxectado por José Manuel Casabella López xira entorno á torre do escenario, novo faro urbano, mentres o resto dos volumes están arroupándoo. Encóntrase situado nunha localización privilexiada xa que está á mesma distancia (10 minutos a pé) do centro urbano, comercial e de lecer, como do centro histórico. Ademais, o edificio inaugura o conxunto cultural que o rodea: Biblioteza Pública, Arquivo Histórico Provincial, Escola de Teatro do Eixo Atlántico, Escola Municipal de Música e o Albergue dos Peregrinos.
Nearby cities:
Coordenadas:   42°20'16"N   7°51'35"W
This article was last modified 9 years ago