Lago Inari

Finland / Lappland / Inari /

O lago Inari (finés: Inarijärvi/Inarinjärvi, saami setentrional: Anárjávri, saami de Inari: Aanaarjävri, saami de Skolt: Aanarjäuˊrr, sueco: Enare träsk, noruegués: Enaresjøen) é un lago de Laponia, o terceiro maior pertencente a Finlandia preto do Círculo Ártico no concello de Inari, está a 117-119 metros de altura e ten unha supercie de 1040,28 km² cunha fondura media de 14,3 metros e máxima de 95, permanece conxelado de novembro ata primeiros de xuño. No interior da illa hai numerosas illas, concretamente 3318, as máis coñecidas son Hautuumaasaari, que os saamis utilizaron como cemiterio e Ukonkivi (Äijih en inari) lugar utilizado historicamente para sacrificios.
Nearby cities:
Coordenadas:   69°2'21"N   27°50'47"E
  •  185 km
  •  228 km
  •  392 km
Array