sharewood
 Joined: 18/09/07 Places: 14920 Userlevel: -2 |
| 15 years ago |
0   |
O obxectivo último de Wikimapia e etiquetar o mundo enteiro pero o obxectivo último dos wikimapiáns que etiquetamos en galego é crear e mellorar un mapa de Galiza que permita coñecer o máximo posible o noso complicado e intrincado territorio. Este tema foi creado para ver de construir o mellor posible ese mapa e resolver dúbidas ou poñer en común cousas para que sexa homoxéneo en todas partes do país. Para empezar haberá que definir cales son os aspectos necesarios para construir ese mapa, por exemplo: -Concellos -Cidades e Aldeas -Autoestradas, estradas e ferrocarrís -Elementos patrimoniais: Castros, Igrexas, Petroglifos, Pontes, Muiños, Cruceiros, etc, etc -Elementos de Interese natural incluidos parques naturais e outros lugares de interese. -Industrias,empresas, e minas, incluindo as abandonadas -Tendas e centros comerciais -Edificios da administración: Xunta de Galiza, Concellos, Goberno Central, etc -Instalacións deportivas xunto con información do Clube Deportivo que alí xoga. -Centros sanitarios e educativos -Outros....
A etiqueta completa debe incluir unha breve descripción, un enlace á Wikipedia e máis unha foto, sempre que sexa posible. Con todo isto o mapa de Galiza sería o máis completo e detallado de todos os tempos e ademais resultaría de gran aplicación para todo tipo de usos. Eu pola miña parte decidín empezar pola ardua tarefa de detallar as máis de 25.000 entidades de poboación do país para empezar e, nestes momentos debo levar un pouco máis dun tercio (10-12.000) |
|
|