Galiza

Spain / Pontevedra / Lalin /
 rexión, administración de segundo nivel, Debuxar só o borde do polígono, autonomous community (en)

Galicia ou Galiza é unha nación establecida xurídica e administrativamente como Comunidade Autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" segundo a Constitución española e o seu Estatuto de Autonomía (ver Estatuto de Galicia) dentro do Reino de España.
Ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en todo o estado español.
Galicia posúe uns 2,77 millóns de habitantes (2007), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña.
Aínda que historicamente dividida en 7 provincias (Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago, Tui e Vigo), administrativamente a Galicia actual estrutúrase en 4 provincias (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), 53 comarcas, 315 concellos e 3.778 parroquias. O territorio do concello estrutúrase en parroquias e estas á súa vez en aldeas ou lugares.
Nearby cities:
Coordenadas:   42°46'47"N   8°0'42"W