Unha das prazas emblemáticas do Casco Vello da cidade. Adornada con unha fonte da que o cronista oficial de Vigo Lalo Vázquez Gil, asegura que se fixo en 1909, con motivo do centenario da Reconquista de Vigo, pero xa se teñen noticias da existencia desta fonte en 1889. Consta dun estanque redondo, unha base cilíndrica con dúas pilas semicirculares sobre as que verquen auga dous tubos, e sobre esta se asenta un castelucho circular, símbolo do escudo da cidade pero sen a oliveira. Sobre este está a figura dun neno, que posiblemente fose o anxelote que tiña a antiga fonte.
Address: Praza da Princesa