Parque do Castro (Vigo)

Spain / Pontevedra / Vigo
 parque, monumento (2), turismo, ruínas

Vigo defínese pola inclinación das súas rúas cara o mar, o monte do Castro (149 m) é un deses puntos elevados dende o que contemplar a ría. Unha lección de historia e paisaxe pendurada da aba verde do corazón da cidade. Aínda que existen accesos rodados, o principal ascenso a pé parte da Praza do Rei a carón da Casa do Concello, onde ata os anos 70 perduraron os restos do castelo de San Sebastián do que na actualidade só son visibles anacos da muralla. Unha longa escalinata con descansos e miradoiros propician un ascenso sen presas. O máis recoñecido é o monumento das Áncoras adicado á memoria dos galeóns afundidos no ano 1702 na batalla de Rande. Cinco canóns recuperados de buques naufragados completan a ornamentación da fonte. Se escollemos a vertente oeste, atoparemos o castro que dá nome ao recinto. O Castro prehistórico sorprende pola proximidade coas casas é á súa vez amparado do bulir do Vigo moderno. Atópase parcialmente escavado con predominio das edificacións circulares. Esta parte del parque está ocupada por un amplo piñeiral. Sen dúbida, o cumio do monte presidido pola fortaleza que se conserva íntegra é un dos puntos de maior interese para o visitante. No seu perímetro atópanse múltiples elementos da antiga construcción defensiva nun espazo axardinado e dotado dunha fonte central. A panorámica sobre a ría, a vista de paxaro do porto e os barcos axúdannos a entender a importancia portuaria histórica e actual de Vigo, sobre todo no sector pesqueiro do que é un dos primeiros portos do mundo. Ata este entorno podemos seguir o sendeiro botánico das árbores do parque do Castro que sinaliza un percorrido por máis de trinta especies diferentes. Esténdese principalmente pola banda meridional e o Paseo Rosalía de Castro, que rodea o centro do parque e comunica varios establecementos hosteleiros. Na vertente oriental ou Paseo dos Cedros atoparemos a zona de recreo infantil denominada parque Charlie Rivel así como outros elementos camuflados no entorno como o depósito de auga. SUPERFICIE: 21 ha.
Nearby cities:
Coordenadas:   42°13'56"N   8°43'32"W
This article was last modified 9 years ago