Porto Alegre

Brazil / Rio Grande do Sul / Porto Alegre /
 cidade, capital do estado / provincia / rexión, municipio, Debuxar só o borde do polígono, millionaire city (en)

Porto Alegre é a capital do estado do Río Grande do Sur. Tiña unha poboación de 1.440.939 habitantes o 2006. A súa superficie total é 497 km².

É a capital de estado brasileira máis próxima dos países veciños que, co Brasil, forman o Mercosur: Arxentina e Uruguai. É tamén hoxe coñecida mundialmente pola realización do Foro Social Mundial. A pesar de non ter sido unha cidade planeada, conserva moitas áreas verdes e boa calidade de vida, ademais de un interese pola cultura: proporcionalmente á sua poboación, é a cidade brasileira que máis librerías ten. Anualmente, en outubro, realizase a Feira do Livro (Feria do Libro) na cidade.


Dispón tamén dun importante centro das tradicións dos gaúchos, nome que se dá ós habitantes do Río Grande do Sur (pero tamén hai gaúchos na Arxentina e no Uruguai) que conservan hábitos alimentarios (o churrasco, nome que se lle dá á carne asada en fogueiras), de bebida (o chimarrão, unha bebida feita co herba-mate e auga quente, tomada sen zucre) e danzas típicas que remontan o período nos que os límites da rexión eran disputados entre Portugal e España. Hai varios Centros de Tradición Gaúcha na cidade. Outros pobos, como os inmigrantes italianos, alemáns, portugueses (principalmente azoreanos), españóis, árabes e polacos, xunto cos negros que viñan ó Brasil como escravos ata o século XIX, tamén deixaron as súas marcas na cultura da cidade.
Vista do Río Guaíba (na verdade, un brazo navegábel da Lagoa dos Patos) xunto a Porto Alegre).
Vista do Río Guaíba (na verdade, un brazo navegábel da Lagoa dos Patos) xunto a Porto Alegre).

Ademais de ser un importante centro de comercio e servizos, a súa rexión metropolitana (cun aproximadamente 4,5 millóns de habitantes) ten importantes industrias, como o Pólo Petroquímico de Canoas, unha fábrica de automóbiles da General Motors (en Gravataí), unha de tractores agrícolas da Massey Ferguson, fábricas de alimentos, bebidas, textís e outras.
Coordenadas:   30°6'2"S   51°9'38"W
Array